
AVOGADOS VIGO
"Sempre ao servicio do Cliente"
AVOGADOS VIGO é un despacho de avogados integral, dinámico e fiable que se especializa en diversas disciplinas do Dereito. Ofrece servizos xurídicos de asesoramento na súa oficina de Vigo. Así mesmo, presta servizos en todos os partidos xudiciais da provincia de Pontevedra e en instancias superiores. Ao traballar cun equipo de avogados de ampla experiencia e excepcional capacitación, os nosos clientes acadan resultados moi satisfactorios.
EN HONRA Á XUSTIZA
A opción con experiencia e garantía de profesionalidade
En AVOGADOS VIGO somos un novo tipo de firma de avogados formada para un mundo en constante cambio. Con coherencia, paciencia e profesionalidade, damos a cada caso a atención que merece. Unha parte integral dos nosos servizos é traballar de maneira próxima cos nosos clientes para que poidan tomar as mellores decisións respecto ás súas necesidades xurídicas.

ÁREAS PRINCIPAIS
DE ESPECIALIDADE
CIVIL - MERCANTIL
A rama do dereito civil é unha das áreas máis importantes do noso ordenamento xurídico, xa que se encarga de garantir os dereitos civís mínimos establecidos na Constitución Española, así como os desenvolvidos no marco civil español.
DEREITO INMOBILIARIO - HERDANZAS E SUCESIÓNS - CONTRATOS CIVÍS E CONTRATACIÓN DE OBRA CIVIL - ASESORAMENTO XURÍDICO - COVID-19 - MERCANTIL
ADMINISTRATIVO
Elaboramos informes e ditames sobre as materias xurídico-administrativas máis relevantes, asumimos a defensa letrada en procedementos administrativos, contencioso-administrativos e constitucionais.
URBANISMO - RECURSOS - SUBVENCIÓNS E AXUDAS - EXPROPIACIÓNS - PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS E CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVOS - CONTRATACIÓN DO SECTOR PÚBLICO - ESTRANXEIRÍA
LABORAL - SEGURIDADE SOCIAL
EO profundo coñecemento da materia laboral e a ampla experiencia dos nosos avogados laboralistas e graduados sociais, expertos en Dereito do Traballo e Relacións Laborais, permítenos prestar un asesoramento eficaz e da máxima calidade, así como representar e defender os intereses dos nosos clientes ante os órganos administrativos e xudiciais do social cunha taxa de éxito moi elevada.
Ofrecemos un asesoramento completo, achegando valor, en todos os aspectos laborais e de Seguridade Social.
REPRESENTACIÓN LEGAL
O noso exercicio profesional en representación legal ante diferentes entidades públicas ou privadas desenvolveuse durante anos, beneficiando a moitos clientes con éxitos nos seus respectivos casos. Os nosos clientes poden contar co noso grupo especializado en representación legal para xestionar o marco xurídico que lles permitirá acadar o éxito.
Cando participamos nun caso, axudamos aos nosos clientes a obter resolucións favorables de maneira eficiente e rápida, sempre cun estrito control de custos.

"Mediante leis e normas, os cidadáns somos capaces de articular unha forma de vivir en sociedade.
Doutra maneira, só reinaría o caos e non sería posible unha convivencia ordenada ou pacífica."